A Xunta de Confrarías presenta o programa da Semana Santa 2019

Presentación Programa Semana Santa 2019

A Xunta de Confrarías presenta o programa da Semana Santa 2019

  • O sábado pola tarde terá lugar o acto «Semanas Santas de Interese Turístico» durante o que se levará a cabo un coloquio coas Xuntas de Confrarías de Ferrol, Mondoñedo, Viveiro e Santiago de Compostela. Acto, no que o acompañamento musical estará a cargo da Escolanía da Catedral

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela presentou onte ante os medios a exposición que levará a cabo durante esta fin de semana en San Domingos de Bonaval.

Mañá sábado, dende as 10 e ata as 18 horas, en horario ininterrompido, estarán expostos os traxes e estandartes das diferentes Confrarías, ademais de proporcionar información de interese, datos e peculiaridades sobre as mesmas.Por outra banda, estarán a disposición dos asistentes os carteis da Semana Santa 2019, así como os programas, nos que se reflexan os diferentes actos e desfiles procesionais que terán lugar entre o 17 e o 28 de abril.

Será ás 18 horas, cando finalice a exposición, o inicio do acto “SEMANAS SANTAS DE INTERESE TURÍSTICO”, no que se levará a cabo un coloquio coas Xuntas de Confrarías de Ferrol, Mondoñedo, Viveiro e Santiago de Compostela. Acto, no que o acompañamento musical estará a cargo da Escolanía da Catedral.

Por parte de Ferrol asistirá César Carreño, presidente da Xunta Xeral de Confrarías; de Mondoñedo Elena Candia, Alcaldesa; dende Viveiro con María del Carmen López, que actualmente é a voceira da Xunta de Confrarías e, xa por último, por parte de Santiago a Xunta de Confrarías cederá a palabra a Carlos Xixirei.

Pola outra banda, o presidente da Xunta de Confrarías, José Ramón Muñiz, aproveitou para anunciar que o peche do propio acto correrá a cargo da Directora Xeral de Turismo, Nava Castro.Un feito no que aproveitou para destacar o compromiso da Xunta de Galicia coa Semana Santa de Galicia, focalizando o mesmo no pago dos programas das procesións que este ano estarán en circulación na capital de Galicia.

No caso do domingo 24, de 10 a 14 horas, retomarase de novo a exposición, que terá carácter gratuíto para todos os asistentes.

Muñiz, tamén quixo anunciar algúns actos previstos pola propia Xunta de Confrarías antes de dar comezo a Semana Santa desde ano.

Por unha banda, o sábado, 30 de abril, a Confraría Franciscana da Vera Cruz, realizará a súa terceira edición do certame de bandas “Paixón no Camiño”, que terá lugar no teatro ABANCA da rúa preguntoiro ás 7 da tarde.

Por outra banda, e xa no mes de abril, concretamente o xoves 11, dende a propia Xunta organizarán xunto ao Orfeón da Catedral un concerto de Semana Santa. Polo momento confirmaron que terá lugar na Igrexa das Ánimas, ubicada nas Casas Reais, pero todavía non terían confirmado o horario.

Na propia rolda de prensa, a Xunta de Confrarías tamén aproveitou para dar a coñecer o nome do pregoeiro deste ano 2019, no que, sendo un ano especial xa que será a primeira vez que saen ás rúas coa distinción de Interese Turístico, estará a cargo do Arcebispo de Santiago, don Xulián Barrio. Unha decisión que lle correspondía á Confraría da Nosa Señora da Quinta Angustia que, como abandeirados do cartel, tamén son os responsables de elixir ao pregoeiro.

Xa por último, debido ás obras que se están a producir no interior da Catedral, trasladáronse puntuais cambios de percorridos, que afectan ás tres procesións que atravesan a mesma dende a porta da Inmaculada ata a praza de praterías.