Páxina Web Partido Popular de Ames

Portada PP Ames
Actualidade PP Ames
Enlaces Web PP Ames
Formulario PP Ames
Contacto PP Ames

Páxina Web Partido Popular de Ames

O Partido Popular de Ames, non dispoñía actualmente de página web.

En primeiro lugar tivemos que analizar a funcionalidade da mesma, que principalmente, era establecer un contacto coa cidadanía de Ames tanto a través das noticias que o partido crea e envía á prensa, como de formularios nos que os veciños puideran facer propostas.

Neste caso, ao acceder ás noticias, tamén creamos, para maior facilidade á hora de buscar novas de interese, un filtro por parroquia, creando así 11 etiquetas e a través dun click se visualicen todas as noticias relacionadas co lugar onde viven as persoas que consultarán a páxina.

Neste senso, tamén se levou a cabo unha sección do Grupo Municipal, na que aparecen os Concelleiros e Concelleiras cos seus respectivos currículos e contacto. Unha parte da páxina onde tamén se incorporan as infografías que resumen as propostas presentadas nos Plenos Municipais con filtros por parroquias de novo para maior facilidade.

Xa por último, para non sobrecargar a páxina, introducíronse diversos enlaces para acceder á información do partido tanto a nivel provincial, autonómico como nacional.

Lembra que a mellor forma de coñecer o noso traballo é ollando a páxina web no enlace inferior.

Ver web de Partido Popular de Ames